Thursday 02 de May de 2024

En marcha unha nova pavimentación no municipio de Riveira, esta vez na rúa da Igrexa na parroquia de Castiñeiras


A actuación inclúe tamén as rúas Camiño da Auga e da Batiola

Santa Uxía de Riveira, 2 de decembro de 2015.- O Concello informa do comezo esta mesma semana dunha nova obra de pavimentación no municipio de Riveira. Trátase dunha obra que se localiza concretamente na parroquia de Castiñeiras, onde os operarios iniciaron os labores de asfaltados da rúa da Igrexa nunha actuación que inclúe tamén a rúa Camiño da Auga e a rúa da Batiola.

Canarga S.L. é a encargada de executar esta iniciativa, que está incluída no Plan de Aforro e Investimento da Deputación Provincia e ten un prezo de 39.984 euros. O prazo de execución é dun mes.

Múltiples asfaltados
Nas últimas semanas o municipio foi obxecto dun gran número de obras de pavimentación dirixidas á conservación das vías públicas, tales como as emprendidas a iniciativa do Concello nas rúas Pedra da Aiga e da Bouciña e a estrada do Carballal en Palmeira; a rúa Cubeliños en Santa Uxía; Falcato e Campo da Agra en Corrubedo (está pendente a transversal da rúa Delicias); ou de dous viais no polígono industrial de Xarás.

Hai que destacar tamén que Portos de Galicia procedeu a estender un novo asfaltado no paseo das Carolinas, en tanto que como consecuencia das obras da depuradora tamén se están pavimentado distintos tramos como Insuabela en Aguiño.